As reformas nos baños deben ser planificadas sempre con tempo e con criterio para aproveitar ao máximo o espazo do que dispoñemos. A tendencia na obra nova é facer pequenos apartamentos pensados para parellas ou persoas que viven soas, e nesta nova solución construtiva as cociñas e os baños son as estancias nas que máis se notan estas estreitezas.
En Construcciones Daniel Rodríguez imos darche cinco consellos básicos a ter en conta á hora de planificar a reforma dun pequeno baño.
- Mellor ducha que bañeira : As bañeiras ocupan moito e reducen o espazo útil dun baño, ademais consome máis auga nun baño que nunha ducha. Se queres gañar un espazo extra para outras cousas ou aproveitar un recuncho do baño onde nunca cabería unha bañeira, o mellor é apostar por un prato de ducha. Teñen diferentes formas, tamaños e calidades. Elixir un prato de ducha non ten por que ser unha opción austera, hai torres de chorro que son como ter un pequeno Spa na casa dentro da nosa mampara de ducha.
- Só o esencial : Como ocorre coas bañeiras, tamén temos que decidir que elementos de baño son prescindibles para non sobrecargar demasiado un espazo xa reducido. Se non necesitas un bidé, non o instales polo que ocupa espazo que se pode empregar para outras cousas. Aproveita tamén os armarios do baño ou os armarios debaixo da pía como lugares de almacenamento importantes para gardar toallas ou artigos de primeira necesidade.
- Cores claras : o compromiso co deseño tamén é importante. Con cores claras para paredes e chan poderás aumentar a sensación de amplitude. Un baño en tons escuros sempre parece máis pequeno.
- Transparencias : Non poña barreiras aos ollos que fomenten a redución de espazos. Materiais como o vidro ou o metacrilato para tabiques, incluso os espellos, multiplican as posibilidades nesa percepción de amplitude. Se escollemos materiais opacos que reducen espazos, o que faremos é facer que todo pareza moito máis pequeno. Incluso hai quen prefire prescindir da pantalla directamente.
- Luz : Coas luces pasa o mesmo que coas cores que escollemos para o baño. Os baños escuros parecen máis pequenos e un punto luminoso sempre se sente menos claustrofóbico. O ideal é aproveitar ao máximo a luz natural se temos un baño con fiestra, senón apostar por bos puntos de luz artificial que iluminen ben cada recuncho do baño.
En Construcciones Daniel Rodríguez podemos axudarche a deseñar e reformar o teu baño independentemente do seu tamaño. Faremos propostas e orzamento en función do que busques para que a túa casa teña o aspecto que queres. Traballamos tanto en procesos de reformas de pisos ou vivendas antigas como en construcións de nova construción. Póñase en contacto connosco para máis información.